alcaloide

< álcali + oide
Plural: alcaloides
  1. adx Relativo ou pertencente aos alcaloides.
  2. s m BIOQ Nome xenérico de substancias orgánicas nitroxenadas, de carácter básico que teñen, en xeral, marcados efectos fisiolóxicos sobre o home e os animais. En medicina son moi utilizados polos seus efectos farmacodinámicos intensos e variados, e tamén pola súa acción quimioterápica.