encomenda

< encomendar
Plural: encomendas
  1. s f Acción e efecto de encomendar ou encomendarse.
  2. s f Cousa que se lle pide ou confía a alguén.
  3. s f HIST
    1. Dignidade dotada de renda e xurisdición que se lles outorgaba aos cabaleiros das ordes militares.
    2. Bens, froitos e réditos dun comendador.
    3. Renda ou mercé que se outorgaba sobre un lugar ou territorio.
  4. s f HIST Dignidade de comendador nas ordes civís.
  5. s f HIST Cruz que os cabaleiros das ordes militares levaban na capa e no vestido.
  6. s f HIST Institución xurídica instaurada pola Coroa de Castela en América para regulamentar as súas relacións cos indíxenas que consistían na cesión temporal, por parte do rei a un encomendeiro, da percepción do tributo ou do traballo que o indio lle debía pagar á Coroa.
  7. s f HIST Administración ou custodia dunha igrexa baleira por un crego que percibía as rendas ou a provisión dun beneficio regular outorgado a un segrar, con dispensa da profesión relixiosa.
  8. DER
    1. s f Depósito de diñeiro ou bens mobiliarios, sen gratificación nin pagamento de xuros.
    2. s f Contrato de natureza mixta de depósito, mandato e sociedade, que consiste en encomendar a unha persoa mercadorías ou diñeiro para negociar unha conta do comitente no seu nome, concedéndolle unha participación nos beneficios ou unha retribución.
    3. encomenda de xestión Atribución, por parte dunha entidade pública encomendante, do encargo de realizar unha actividade de carácter material, técnico ou de servizos a outros órganos ou entidades da mesma ou de distinta administración, porque estes contan cos medios técnicos adecuados para a realización da actividade.

Citas

  • Non fixo ningunha das encomendas que lle pediramos