Dignidade dotada de renda e xurisdición que se lles outorgaba aos cabaleiros das ordes militares.
Bens, froitos e réditos dun comendador.
Renda ou mercé que se outorgaba sobre un lugar ou territorio.
sfHISTDignidade de comendador nas ordes civís.
sfHISTCruz que os cabaleiros das ordes militares levaban na capa e no vestido.
sfHISTInstitución xurídica instaurada pola Coroa de Castela en América para regulamentar as súas relacións cos indíxenas que consistían na cesión temporal, por parte do rei a un encomendeiro, da percepción do tributo ou do traballo que o indio lle debía pagar á Coroa.
sfHISTAdministración ou custodia dunha igrexa baleira por un crego que percibía as rendas ou a provisión dun beneficio regular outorgado a un segrar, con dispensa da profesión relixiosa.
DER
sfDepósito de diñeiro ou bens mobiliarios, sen gratificación nin pagamento de xuros.
sfContrato de natureza mixta de depósito, mandato e sociedade, que consiste en encomendar a unha persoa mercadorías ou diñeiro para negociar unha conta do comitente no seu nome, concedéndolle unha participación nos beneficios ou unha retribución.
encomenda de xestiónAtribución, por parte dunha entidade pública encomendante, do encargo de realizar unha actividade de carácter material, técnico ou de servizos a outros órganos ou entidades da mesma ou de distinta administración, porque estes contan cos medios técnicos adecuados para a realización da actividade.