encanto

< encantar
Plural: encantos
  1. s m encantamento.
  2. s m Calidade ou conxunto de calidades que atraen dunha cousa ou persoa.
  3. s m Cousa ou persoa que agrada moito.
  4. s m MIT Ser mitolóxico que se lles aparece ás persoas ao lado de fontes, castros ou ríos nas lendas tradicionais galegas sobre todo na noite de san Xoán, e que garda tesouros ocultos.
  5. s m FÍS Número cuántico que é característico do quark e dos hadróns que o conteñen. OBS: Tamén se denomina charmed.

Sinónimos

Citas

  • A súa muller usaba os seus encantos para atraer as súas víctimas
  • A súa neta é un encanto
  • A súa voz ten un encanto que a todos cativa, Ese teu home non ten encanto ningún