eleuterozoo

< gr ἐ λεύ ϴ ερος ‘libre’ + -zoo
Plural: eleuterozoos
  1. adx Relativo ou pertencente aos eleuterozoos.
  2. s m ANIMAL Equinodermo do subfilo dos eleuterozoos.
  3. s m pl ANIMAL Subfilo de equinodermos, integrado por individuos libres, carentes de pedúnculos e co ano xeralmente oposto á boca e case sempre na parte inferior do animal. Comprende as clases dos asteroideos, equinoideos, ofiuroideos e holoturoideos.