sm plANIMAL/ENTOMFamilia de coleópteros, formada por escaravellos alongados e estreitos, moitas veces cubertos dunha fina pilosidade, con antenas de 11 artellos que poden aloxarse nuns sucos laterais, e cabeza encaixada baixo o pronoto, que ten os ángulos posteriores prolongados cara a atrás e rematados nunha punta aguda. Presentan un mecanismo de resorte que lles permite saltar cando quedan de costas e indefensos, co que recuperan a posición normal.