elatérido -da

< lat científico Elater, xénero de animais
Pliral: elatéridos Masculino: elatérido Masculino plural: elatéridos Femenino: elatérida Femenino plural: elatéridas
  1. adx Relativo ou pertencente aos elatéridos.
  2. s m ANIMAL/ENTOM Insecto da familia dos elatéridos.
  3. s m pl ANIMAL/ENTOM Familia de coleópteros, formada por escaravellos alongados e estreitos, moitas veces cubertos dunha fina pilosidade, con antenas de 11 artellos que poden aloxarse nuns sucos laterais, e cabeza encaixada baixo o pronoto, que ten os ángulos posteriores prolongados cara a atrás e rematados nunha punta aguda. Presentan un mecanismo de resorte que lles permite saltar cando quedan de costas e indefensos, co que recuperan a posición normal.