smPeza, xeralmente en forma de barra, que nun mecanismo adoita xirar ou sobre a que xira ese mecanismo, e que ao mesmo tempo soporta esforzos, principalmente de flexión e eventualmente de torsión.
sm p extConxunto das rodas dun vehículo e da peza transversal que as une, que soporta, na dirección lonxitudinal do vehículo, unha parte da carga para transmitila ao firme.
eixe montadoEixe unido mecanicamente ao eixe motor mediante bielas de encaixe ou engrenaxes, propio do ferrocarril.
smRecta ou liña imaxinaria sobre a que xira un corpo ou se desenvolve un sistema.
smBIOLLiña ideal dun órgano ou doutra estrutura anatómica, arredor da que se dispoñen as súas partes constitutivas.
smZOOLLiña que parte do ápice dun gasterópodo, ao redor da que xira a espiral da cuncha.
smASTRONLiña imaxinaria, trazada a través dos polos dun corpo celeste, ao redor da que xira ese corpo.
eixe da TerraASTRONDiámetro que une os dous polos da Terra.
eixe de rotaciónFÍSRecta arredor da que xiran todos os puntos dun corpo ou sistema.
eixe de simetríaMATRecta ao redor da que posúen simetría as partes dun corpo ou sistema.
smRecta ou rectas ás que fan referencia algunha ou algunhas magnitudes para fixar posicións ou facer medicións.
smMATCalquera recta orientada, isto é, recta sobre a que se fixou un sentido arbitrario.
smCONSTRLiña que define a posición espacial da infraestrutura nas obras de carácter lineal como ferrocarrís, estradas ou canais, a partir da que se pode obter a posición xeométrica de calquera punto.
eixe cristalográficoFÍSCada un dos tres eixes ortogonais de coordenadas que se escollen para determinar as caras dos cristais.
eixe de coordenadasMATCada un dos tres eixes que permiten determinar un punto no espazo e que están determinados polo seu versor fundamental.
eixe dun dobramentoXEOLLiña en que un estrato dobrado ten curvatura máxima.
eixe orográfico/axialXEOGParte central dunha cadea montañosa.
eixe tectónicoXEOLCada un dos tres eixes perpendiculares entre si, que corresponden á orientación e magnitude da dirección dos esforzos ou á deformación que sufriu un material e que definen a elipsoide de deformación.
smPersoa, cousa ou circunstancia que forma a parte principal dun conxunto, como o centro arredor do que se moven, actúan ou se acadan os outros elementos.
eixe cuartenarioXEOLEixe de simetría de rotación en que a superposición dos elementos simétricos consegue catro veces unha volta completa.