smPunto en que se cortan os eixes de simetría dun corpo ou figura xeométrica.
centro de curvaturaFÍSPunto en que concorren as normais á traxectoria dun punto material móbil que corresponden a dous instantes de tempo moi próximos.
centro de forzasFÍSPunto ao que se dirixen as forzas dun campo central.
centro de gravidadeFÍSPunto dun corpo en que se pode considerar que está concentrado o seu peso.
URBAN
smZona dunha poboación onde se concentra a máxima actividade.
centro comercialSector planificado e edificado, no contorno de galerías comerciais, que dispón dun certo número de locais de servizos.
centro históricoParte dunha cidade que constitúe o núcleo urbano anterior ás expansións urbanas iniciadas na segunda metade do s XIX.
centro urbanoÁrea do interior dunha cidade.
smLugar en que se concentra ou desde o que se dirixe unha determinada actividade.
smZOOL/FISIOLEstrutura anatómica que dirixe ou coordina determinadas funcións, especialmente nerviosas.
centro activoBIOQRexión do encima ao que se une o substrato e que é responsable da súa transformación catalítica.
centro cardiovascular /ZOOL/FISIOLÁrea do cerebro que controla as constantes do sistema cardiovascular e que inflúe na frecuencia cardíaca.
centro vasomotor /ZOOL/FISIOLParte do bulbo raquídeo que regula a presión sanguínea.
centro ventilatorio /ZOOL/FISIOLGrupo de neuronas situadas no bulbo raquídeo que controlan o proceso de ventilación.
smPersoa ou cousa que atrae a atención ou o interese dos circunstantes.
smEstablecemento ou institución onde se desenvolve algún tipo de actividade.
smPOLÍTPartido que, no conxunto das tendencias políticas, se sitúa nunha posición intermedia entre a dereita e a esquerda.
centro coloreadoQUÍMDefecto puntual dun cristal transparente que produce coloración do cristal.
centro de acciónMETEOR
Cada un dos grandes núcleos de presión superior ou inferior á normal dun mapa meteorolóxico, que se obtén facendo as medias dos mapas diúrnos durante períodos de cinco días nunha semana.
Célula ciclónica ou anticiclónica que ten estreita relación coa circulación das capas altas da atmosfera e que presenta un carácter case permanente.
centro de asimetríaQUÍMDesignación habitual do átomo de carbono asimétrico dunha molécula.
centro de atracciónFÍSPunto ao que se dirixe a forza exercida sobre unha partícula.
centro de desprazamentoFÍSCentro de gravidade do fluído desprazado por un sólido que está somerxido nel total ou parcialmente.
centro de masa/ inerciaFÍSPunto dun sistema de masas en que se se concentrase nel toda a masa do sistema, o movemento deste reduciríase ao movemento dunha partícula.
centro de mesaRecipiente artístico, adecuado para colocar nel calquera tipo de adorno, que se coloca nunha mesa.
centro de oscilaciónFÍSPunto dun péndulo físico onde tería que concentrarse toda a masa para constituír un péndulo simple que oscilase co mesmo período que o péndulo físico en cuestión.
centro de presiónsFÍSPunto por onde pasa a resultante das presións que actúan sobre unha superficie.
centro de simetríaFÍSPunto tal que calquera recta que o atravesa, pasa por puntos equidistantes do centro a ambos os dous lados.