sfProceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual con que se pretende lograr a madureza dos individuos e a súa competencia para participar na vida social.
educación ambientalConxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza.
educación compensatoriaEducación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos.
educación de adultosEducación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar.
educación especialTratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais.
educación físicaConxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental.
educación formalConxunto de accións educativas ou escolares que están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.
educación interculturalEducación de alumnos de diferentes culturas, seguindo uns programas e procesos didácticos revisados, para dar acollida a perspectivas culturais integradoras elaboradas desde o relativismo cultural, aínda que partindo da base axiolóxica dos valores humanos internacionalmente definidos.
educación non formalConxunto de accións educativas ou instrutivas que non están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.
educación para a pazEducación que intenta contribuír á supresión da violencia en todos os ámbitos sociais e fomentar a acción autónoma e democrática, a xustiza social e a liberdade política no contexto nacional e internacional.
educación permanenteEducación que se realiza durante toda a vida do individuo, coa finalidade de completar a súa formación inicial, para reciclarse ou como desenvolvemento global da persoa.
educación popularMovemento socioeducativo que acadou certa extensión e relevancia nas décadas de 1960 e 1970. Naceu, vinculado a procesos de loita política de orientación de esquerdas, para facilitar unha oportunidade formativa a sectores de poboación con déficits culturais.
educación sexualEducación que pretende ilustrar sobre a mediación cultural, social e política da relación individual e social co sexo e conducir a unha configuración consciente, satisfactoria e responsable da propia sexualidade.
educación socialConxunto de iniciativas, experiencias e prácticas educativas que, ao tempo que se contextualizan en diferentes realidades sociais, promoven accións socioeducativas de natureza complexa e interdisciplinar.
educación vialEducación para coñecer o tránsito automobilístico, as regras que o rexen e a condución de vehículos.
filosofía da educaciónReflexión sistemática sobre os ideais e as finalidades educativas e pedagóxicas e tamén sobre a licitude mesma de educar.
sfAdecuación do comportamento dunha persoa ás normas de trato social.
sfDesenvolvemento ou perfeccionamento dunha facultade, función ou capacidade.