educación

< lat educatĭōne
Pliral: educacións
  1. EDUC
    1. s f Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual con que se pretende lograr a madureza dos individuos e a súa competencia para participar na vida social.
    2. educación ambiental Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza.
    3. educación compensatoria Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos.
    4. educación de adultos Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar.
    5. educación especial Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais.
    6. educación física Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental.
    7. educación formal Conxunto de accións educativas ou escolares que están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.
    8. educación intercultural Educación de alumnos de diferentes culturas, seguindo uns programas e procesos didácticos revisados, para dar acollida a perspectivas culturais integradoras elaboradas desde o relativismo cultural, aínda que partindo da base axiolóxica dos valores humanos internacionalmente definidos.
    9. educación non formal Conxunto de accións educativas ou instrutivas que non están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.
    10. educación para a paz Educación que intenta contribuír á supresión da violencia en todos os ámbitos sociais e fomentar a acción autónoma e democrática, a xustiza social e a liberdade política no contexto nacional e internacional.
    11. educación permanente Educación que se realiza durante toda a vida do individuo, coa finalidade de completar a súa formación inicial, para reciclarse ou como desenvolvemento global da persoa.
    12. educación popular Movemento socioeducativo que acadou certa extensión e relevancia nas décadas de 1960 e 1970. Naceu, vinculado a procesos de loita política de orientación de esquerdas, para facilitar unha oportunidade formativa a sectores de poboación con déficits culturais.
    13. educación sexual Educación que pretende ilustrar sobre a mediación cultural, social e política da relación individual e social co sexo e conducir a unha configuración consciente, satisfactoria e responsable da propia sexualidade.
    14. educación social Conxunto de iniciativas, experiencias e prácticas educativas que, ao tempo que se contextualizan en diferentes realidades sociais, promoven accións socioeducativas de natureza complexa e interdisciplinar.
    15. educación vial Educación para coñecer o tránsito automobilístico, as regras que o rexen e a condución de vehículos.
    16. filosofía da educación Reflexión sistemática sobre os ideais e as finalidades educativas e pedagóxicas e tamén sobre a licitude mesma de educar.
  2. s f Adecuación do comportamento dunha persoa ás normas de trato social.
  3. s f Desenvolvemento ou perfeccionamento dunha facultade, función ou capacidade.

Confrontaciones

Citas

  • Debe fomentarse a educación da memoria, A educación da súa voz permitiulle cantar coma os anxos
  • Sempre se distinguiu pola súa boa e refinada educación, É de mala educación cuspir no chan, Debes pedir permiso con educación

Refranes

  • A arboriña, dende pequeniña; a arborecha, dende pequerrecha.
  • A besta boa dálle vara e espora.
  • A estopa, como é fiada; a moza, como é criada.
  • A letra con sangue entra.
  • A moita liberdade bota a perder ás veces a mocidade.
  • A moza como é criada, a estopa como é fiada.
  • a neno, súa nai castígueo, límpeo, fárteo; e, se non quere calar, déixeo chorar.
  • a que ameaza ao cabalo, ás veces faino malo.
  • Aprende chorando e sairás gañando.
  • Bo exemplo e boas razóns gañan moitos corazóns.
  • Cada un é segundo se cría e na boa crianza está a fidalguía.
  • Cando o vello é gaiteiro ¡que fará o mozo solteiro!
  • Co pau, o bo faise mellor e o malo peor.
  • De becerro verás o boi que terás.
  • fillo mimado, fillo mal criado.
  • Máis"te quero ver morto que torto.
  • Nai facendosa fai a filla preguiceira.
  • Nai moi goberneira, filla preguiceira.
  • Neno criado por avó nunca foi bo.
  • Neno criado por avó nunca poderá ser bo.
  • Non hai mellor razón cá do pau.
  • Non hai razón coma a do bastón.
  • Ó bo, por amor; e ao malo, por temor.
  • O cardo que ha de picar, xa espiñas trae ao nacer.
  • O neno moi regalado sempre anda enfurruñado.
  • O neno, castigalo de pequeno.
  • O neno, castigalo de pequeno.
  • O que no berce se aprende, só na cova se esquece.
  • O que no berce se.aprende, tarde ou nunca se esquence.
  • O que no leite se mama, na mortalla se derrama.
  • O que no leite se mama, tarde ou nunca se esquece.
  • Os nenos, castigalos de pequenos; que, despois que crecen, non hai castigo para eles.
  • Para o fillo máis querido o mellor regalo é o castigo.
  • Quen de mozo bailou ben, de vello inda Ile dá un xeito.
  • Quen malas mañas ten no berce, tarde ou nunca as perde.
  • Se moito as gabas e regalas, as boas fillas volveralas malas.
  • Se o neno empeza a chorar, acaloumíñeo súa nai; e, se non quere calar, déixeo chorar.
  • Vale máis tunda de pai que acariño de amo.
  • Vezaches as túas fillas de solteiras e enchéronse de herbas as tú as leiras.
  • ¿Criaches e non ensinaches? Non criaches.