dualismo

< dual
Plural: dualismos
  1. s m dualidade.
  2. s m RELIX Concepción cosmolóxica segundo a que o Universo está baixo o dominio de dous principios orixinarios, antagónicos e irredutibles entre si.
  3. s m FILOS Doutrina que considera que o Universo e o home están constituídos por dous elementos en certa maneira independentes e irredutibles entre si.
  4. s m LING Teoría que postula a relación directa bidireccional entre as formas lingüísticas e as entidades que denotan.

Palabras veciñas