dual

< lat duāle
Plural: duais
  1. adx Relativo ou pertencente a dous.
  2. adx
    1. Que consta de dúas partes, elementos ou individuos.
    2. MAT Aplícase a dúas nocións matemáticas que, permutadas no enunciado dun teorema, dan lugar a un novo teorema.
    3. TECNOL Aplícase ao sistema que permite escoitar un programa ou película dun medio audiovisual en versión orixinal ou dobrado a outra lingua.
  3. s m LING Categoría do número que indica unha idea concreta de pluralidade: ‘os dous’, en oposición a ‘un’ ou a ‘máis de dous’.