smObra literaria que está destinada á representación escénica ante un público.
Obra de teatro ou cine que representa situacións tristes ou dolorosas, ás veces cunha acción chea de matices realistas e cómicos.
drama escolarActividades teatrais desenvolvidas nos centros escolares e nas universidades durante os ss XV, XVI e XVII, normalmente asociadas ás clases de linguas clásicas ou romances, que consistían na lectura e representación de textos gregos e latinos, en latín ou en linguas vernáculas, e na escrita e representación de textos escritos polos propios alumnos ou polos seus profesores.
drama litúrxicoBreve dramatización inserida nos oficios litúrxicos, cantada e representada para conmemorar o nacemento ou a morte de Xesús Cristo.
smXénero literario formado polas obras que se escriben para ser representadas.
smAcontecemento ou situación da vida real que conmove vivamente.