catástrofe

< lat catastrŏphe gr καταστρέ ϕ ω ‘destruír, arruinar’
Plural: catástrofes
  1. s f
    1. Acontecemento imprevisto que produce destrución ou dano.
    2. Suceso pouco afortunad.
  2. s f LIT Última parte da traxedia grega, que se corresponde co momento no que a acción dramática chega á súa fin e o heroe, consciente da súa culpa, paga a súa falta.
  3. teoría de catástrofes MAT/FÍS Corpus teórico, coa intención de establecer un modelo para os cambios discontinuos que se observan na natureza.

Confrontacións

Citas

  • As catástrofes naturais acaban cada ano coa vida de numerosas persoas
  • ¡Que catástrofe, perdín o autobús!