sfMEDCantidade dun produto farmacoloxicamente activo que provoca un efecto determinado.
sfCantidade dunha substancia que se engade a outras para elaborar algo.
sfCantidade de algo.
dose absorbidaFÍSMagnitude física que expresa a cantidade de enerxía cedida por unha radiación que ioniza a unidade de masa irradiada.
dose equivalenteFÍSEnerxía que unha radiación de referencia ten que comunicar á unidade de masa dun tecido para producir o mesmo efecto biolóxico ca a dose absorbida da radiación estudada.
dose xénicaXENNúmero de copias dun xen presentes nun núcleo ou nunha célula.
Citas
As doses de sal e de azucre son moi pequenas para facer este pastel
Necesito unha boa dose de paciencia para estar contigo