dose

< gr δόσις ‘acción de dar’
Pliral: doses
  1. s f MED Cantidade dun produto farmacoloxicamente activo que provoca un efecto determinado.
  2. s f Cantidade dunha substancia que se engade a outras para elaborar algo.
  3. s f Cantidade de algo.
  4. dose absorbida FÍS Magnitude física que expresa a cantidade de enerxía cedida por unha radiación que ioniza a unidade de masa irradiada.
  5. dose equivalente FÍS Enerxía que unha radiación de referencia ten que comunicar á unidade de masa dun tecido para producir o mesmo efecto biolóxico ca a dose absorbida da radiación estudada.
  6. dose xénica XEN Número de copias dun xen presentes nun núcleo ou nunha célula.

Citas

  • As doses de sal e de azucre son moi pequenas para facer este pastel
  • Necesito unha boa dose de paciencia para estar contigo