sfMATOperación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto bxc sexa igual a a.
división do traballoECONEspecialización das unidades económicas ou traballadores nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo.
división harmónicaMATConxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD=BC/BD.
sf
Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.
BOTCategoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais, en que se dividen os reinos e que agrupa as clases.
BIOLClasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.
DEPConxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico ben en función de méritos deportivos contraídos con anterioridade, ben porque, sen reuniren eses requisitos, cumpren outras condicións requiridas na regulamentación.
BÉLUnidade militar fundamental da manobra táctica que está constituída por unidades das diversas armas e servizos, que dispón de capacidade loxística propia para actuar de forma independente ou que serve de base para formar outras grandes unidades superiores.
XEOGCada unha das partes en que se estrutura o territorio dun Estado co fin de facilitar as funcións administrativas.
XEOGCircunscrición administrativa de primeira orde en Bangladesh, Gambia e Xamaica.
BIOL
sfTipo de reprodución asexual ou agámica pola que un individuo pode dar orixe a dous ou varios individuos.
división celularProceso de multiplicación da célula en dúas células fillas.
división ecuacional/ homeotípicaSegunda división da meiose.
división esquizogónicaesquizogonia.
división esquizoxenéticaesquizoxénese.
división meióticameiose.
sfAquilo que serve para dividir.
sfDesavinza ou desacordo entre un grupo de persoas.
sfXEOGCada un dos sinais equidistantes marcados sobre unha escala graduada.
división de poderesPOLÍTTeoría que busca o equilibrio entre os poderes e que se basea na separación destes e no control mutuo.