división

< lat divisĭōne
Pliral: divisións
    1. s f Acción e efecto de dividir ou dividirse.
    2. s f MAT Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto bxc sexa igual a a.
    3. división do traballo ECON Especialización das unidades económicas ou traballadores nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo.
    4. división harmónica MAT Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD.
  1. s f
    1. Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.
    2. BOT Categoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais, en que se dividen os reinos e que agrupa as clases.
    3. BIOL Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.
    4. DEP Conxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico ben en función de méritos deportivos contraídos con anterioridade, ben porque, sen reuniren eses requisitos, cumpren outras condicións requiridas na regulamentación.
    5. BÉL Unidade militar fundamental da manobra táctica que está constituída por unidades das diversas armas e servizos, que dispón de capacidade loxística propia para actuar de forma independente ou que serve de base para formar outras grandes unidades superiores.
    6. XEOG Cada unha das partes en que se estrutura o territorio dun Estado co fin de facilitar as funcións administrativas.
    7. XEOG Circunscrición administrativa de primeira orde en Bangladesh, Gambia e Xamaica.
  2. BIOL
    1. s f Tipo de reprodución asexual ou agámica pola que un individuo pode dar orixe a dous ou varios individuos.
    2. división celular Proceso de multiplicación da célula en dúas células fillas.
    3. división ecuacional/ homeotípica Segunda división da meiose.
    4. división esquizogónica esquizogonia.
    5. división esquizoxenética esquizoxénese.
    6. división meiótica meiose.
  3. s f Aquilo que serve para dividir.
  4. s f Desavinza ou desacordo entre un grupo de persoas.
  5. s f XEOG Cada un dos sinais equidistantes marcados sobre unha escala graduada.
  6. división de poderes POLÍT Teoría que busca o equilibrio entre os poderes e que se basea na separación destes e no control mutuo.

Confrontaciones

Citas

  • A división do eido desencadeou a inimizade dos irmáns, A diferencia de opinións provocou a división
  • Fixo a división do estante con táboas de castaño

Refranes

  • Bens divididos, bens perdidos.
  • Onde vires división só esperes perdición.
  • t Mar que se parte, regueiro se fai.