ditoloxía

< gr διττός   ‘dobre’+   -loxía ‘palabra’
Plural: ditoloxías
  1. s f LING Repetición involuntaria dunha ou varias sílabas ou mesmo dunha palabra que se produce na fala.
  2. s f LIT Figura retórica que consiste na aparición de parellas de termos sinónimos, contrapostos ou complementarios nunha mesma frase ou período, xustapostos ou relacionados mediante unha conxunción.
  3. ditoloxía sintáctica LING Realización dunha palabra de dúas maneiras distintas segundo o contexto formal en que se atopen.

Palabras veciñas