sfQUÍMReacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non.
calor de disociaciónFÍSEnerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.
disociación iónica /QUÍM/FÍSReacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións.
disociación térmica /QUÍM/FÍSReacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes que se consegue con temperaturas elevadas.
presión de disociaciónQUÍMPresión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.
sfPSICRuptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.
sfLITProcedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto.
curva de disociación do osíxeno-hemoglobinaFISIOLCurva que representa a saturación da hemoglobina co osíxeno.
disociación albuminocitolóxicaPATAumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo.