disociación

< lat dissociatiōne
Pliral: disociacións
  1. s f Acción e efecto de disociar ou disociarse.
    1. s f QUÍM Reacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non.
    2. calor de disociación FÍS Enerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.
    3. disociación iónica / QUÍM/FÍS Reacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións.
    4. disociación térmica / QUÍM/FÍS Reacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes que se consegue con temperaturas elevadas.
    5. presión de disociación QUÍM Presión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.
  2. s f PSIC Ruptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.
  3. s f LIT Procedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto.
  4. curva de disociación do osíxeno-hemoglobina FISIOL Curva que representa a saturación da hemoglobina co osíxeno.
  5. disociación albuminocitolóxica PAT Aumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo.