disco

< lat discu gr δίσκος
Plural: discos
  1. disco alado
    1. s m Corpo cilíndrico coa base maior ca a altura.
    2. s m p ext Superficie semellante a un círculo.
    3. s m DEP Instrumento de forma lenticular que se emprega no lanzamento de disco.
    4. s m DEP Instrumento en forma cilíndrica, tamén denominado puck, que fai a función de pelota en hóckey sobre xeo.
    5. s m TRANSP Placa en forma de disco que se utiliza como sinal nas vías férreas.
    6. s m INFORM Dispositivo a onde chega e se rexistra a información dada de forma binaria. 7
  2. s m Peza metálica en que se pintan os sinais do código de circulación.
    1. s m ANAT Órgano ou estrutura anatómica de forma redonda e achatada.
    2. s m BOT Excrecencia circular, xeralmente con función glandular.
    3. disco basal BIOL Porción basal dilatada do talo dalgúns organismos que ten como función principal a adherencia ao substrato.
    4. disco bucal ZOOL Superficie externa da boca dos ciclóstomos en forma de ventosa discoide.
    5. disco cefálico ZOOL Prolongación anterior da cabeza dos opistobranquios.
    6. disco imaxinario ENTOM Grupo de células indiferenciadas presente nas larvas dos insectos, que co seu crecemento e diferenciación dá lugar a determinadas estruturas no adulto.
    7. disco intervertebral ANAT Formación fibrocartilaxinosa circular que se sitúa entre o corpo de dúas vértebras da columna.
    8. disco nectarífero BOT Órgano que segrega néctar cando se sitúa no tálamo.
    9. disco táctil/de Merckel BIOL Terminación sensorial libre das fibras nerviosas.
    10. disco xerminativo BIOL Zona do ovo fecundado que se sitúa xunto ao  polo animal.
  3. TECNOL
    1. s m Superficie plana e circular onde están rexistrados os sinais sonoros aptos para ser reproducidos en calquera momento.
    2. disco compacto CD.
    3. disco promocional Disco que non se vende ao  público e que se distribúe de balde aos medios de comunicación para promover o produto entre a audiencia.
  4. s m ARQUEOL Útil de traballo bifacial e de aspecto circular que se emprega en tipoloxía lítica.
  5. s m ARQUEOL Parte central da cubeta de depósito dunha lucerna.

Citas

  • Nos días de eclipse apréciase perfectamente o disco da Lúa