smDEPInstrumento de forma lenticular que se emprega no lanzamento de disco.
smDEPInstrumento en forma cilíndrica, tamén denominado puck, que fai a función de pelota en hóckey sobre xeo.
smTRANSPPlaca en forma de disco que se utiliza como sinal nas vías férreas.
smINFORMDispositivo a onde chega e se rexistra a información dada de forma binaria. 7
smPeza metálica en que se pintan os sinais do código de circulación.
smANATÓrgano ou estrutura anatómica de forma redonda e achatada.
smBOTExcrecencia circular, xeralmente con función glandular.
disco basalBIOLPorción basal dilatada do talo dalgúns organismos que ten como función principal a adherencia ao substrato.
disco bucalZOOLSuperficie externa da boca dos ciclóstomos en forma de ventosa discoide.
disco cefálicoZOOLProlongación anterior da cabeza dos opistobranquios.
disco imaxinarioENTOMGrupo de células indiferenciadas presente nas larvas dos insectos, que co seu crecemento e diferenciación dá lugar a determinadas estruturas no adulto.
disco intervertebralANATFormación fibrocartilaxinosa circular que se sitúa entre o corpo de dúas vértebras da columna.
disco nectaríferoBOTÓrgano que segrega néctar cando se sitúa no tálamo.
disco táctil/de MerckelBIOLTerminación sensorial libre das fibras nerviosas.
disco xerminativoBIOLZona do ovo fecundado que se sitúa xunto ao polo animal.
TECNOL
smSuperficie plana e circular onde están rexistrados os sinais sonoros aptos para ser reproducidos en calquera momento.
disco compactoCD.
disco promocionalDisco que non se vende ao público e que se distribúe de balde aos medios de comunicación para promover o produto entre a audiencia.
smARQUEOLÚtil de traballo bifacial e de aspecto circular que se emprega en tipoloxía lítica.
smARQUEOLParte central da cubeta de depósito dunha lucerna.
Citas
Nos días de eclipse apréciase perfectamente o disco da Lúa