adxQue non fai paradas intermedias ou que para só nas estacións máis importantes.
adx
Que se fai sen intermediarios.
TECNOLAplícase á marcha que se transmite á árbore secundaria coa mesma velocidade da primeira.
adx
Que afronta as situacións abertamente.
Aplícase ao discurso ou á linguaxe que expresa o pensamento sen rodeos, empregando a primeira persoa.
adxQue segue a orde normal ou máis xeral.
demostración directaFILOSDemostración que parte das hipóteses para chegar á tese a través das deducións pertinentes.
smCOMUNEmisión ou programa televisivo ou de radio transmitido no mesmo momento en que se efectúa.
smMÚSMúsica que se interpreta no momento da actuación.
gravación en directoMÚSGravación que recolle unha actuación sen eliminar o son de ambiente.
falta directa/ golpe franco directoDEPLanzamento contra a portaría que defende o equipo contrario que se executa desde a posición onde foi cometida unha falta.
golpe directoDEPGolpe rápido que en boxeo se executa prolongando o brazo paralelo ao chan á altura do propio ombreiro e proxectando cara a diante o corpo.
opoñente directoDEPXogador defensor ao que lle corresponde marcar segundo o sistema defensivo que aplica o seu equipo.