directo -ta

Pliral: directos Masculino: directo Masculino plural: directos Femenino: directa Femenino plural: directas
  1. adx Que vai en liña recta.
  2. adx Que non fai paradas intermedias ou que para só nas estacións máis importantes.
  3. adx
    1. Que se fai sen intermediarios.
    2. TECNOL Aplícase á marcha que se transmite á árbore secundaria coa mesma velocidade da primeira.
  4. adx
    1. Que afronta as situacións abertamente.
    2. Aplícase ao discurso ou á linguaxe que expresa o pensamento sen rodeos, empregando a primeira persoa.
    1. adx Que segue a orde normal ou máis xeral.
    2. demostración directa FILOS Demostración que parte das hipóteses para chegar á tese a través das deducións pertinentes.
    1. s m COMUN Emisión ou programa televisivo ou de radio transmitido no mesmo momento en que se efectúa.
    2. s m MÚS Música que se interpreta no momento da actuación.
    3. gravación en directo MÚS Gravación que recolle unha actuación sen eliminar o son de ambiente.
  5. falta directa/ golpe franco directo DEP Lanzamento contra a portaría que defende o equipo contrario que se executa desde a posición onde foi cometida unha falta.
  6. golpe directo DEP Golpe rápido que en boxeo se executa prolongando o brazo paralelo ao chan á altura do propio ombreiro e proxectando cara a diante o corpo.
  7. opoñente directo DEP Xogador defensor ao que lle corresponde marcar segundo o sistema defensivo que aplica o seu equipo.