smMoeda metálica ou billete cun valor determinado e de curso legal.
smRiqueza ou bens que posúe unha persoa, considerados no seu valor monetario.
smSuma considerable de cartos.
diñeiro negroDiñeiro que se obtén das ganancias feitas sen deixar constancia nos rexistros obrigatorios, para eludir a tributación ou para usalo en actividades paralelas ou ilícitas.
smECONConvención humana pola que se elixe un signo determinado que recibe uns valores de cambio concretos aceptados por todos e que permite realizar con maior facilidade as transaccións nos mercados.
smNUMISDenario romano.
smNUMISUnidade monetaria inferior do sistema carolinxio, que se utilizou en Europa durante a Idade Media e en parte da Idade Moderna, que tomou o seu nome do denario romano.
NUMIS
smMoeda de billón de prata, cuñada en Castela e León desde o reinado de Afonso VI no s XI.
diñeiro afonsinoMoeda de billón cuñada por Afonso X oSabio en 1252.
diñeiro burgalésMoeda de prata cuñada por Fernando III oSanto.
diñeiro pretoMoeda de billón cuñada por Afonso X oSabio en 1258.