dinámica

< dinámico
Plural: dinámicas
  1. s f FÍS Rama da mecánica que estuda o movemento dos corpos en relación coas forzas que o producen.
  2. s f FÍS Relación entre os niveis máximo e mínimo dunha magnitude electroacústica.
  3. s
    1. Maneira en que se desenvolve unha actividade tendo en conta as forzas que a determinan.
    2. fig Conxunto de forzas que interactúan e producen cambios dentro dunha estrutura en desenvolvemento.
  4. dinámica atmosférica CLIMAT Conxunto de todos os mecanismos dinámicos que dirixen a circulación xeral atmosférica e participan nela.
  5. dinámica de grupo PSIC/SOCIOL Rama da psicoloxía social que trata sobre o estudo teórico e experimental da formación e evolución dos grupos pequenos.
  6. dinámica de poboacións ECOL Estudo do conxunto de procesos que determinan a variación temporal do número de individuos e a composición nas poboacións de plantas e animais nunha comunidade.
  7. dinámica económica ECON Rama da análise económica que estuda a acción das variables económicas no tempo.

Citas

  • A dinámica dos acontecementos desembocou nunha rebelión
  • A obra deste pintor é de dinámica realista como se pode apreciar polas formas