sfFÍSRama da mecánica que estuda o movemento dos corpos en relación coas forzas que o producen.
sfFÍSRelación entre os niveis máximo e mínimo dunha magnitude electroacústica.
s
Maneira en que se desenvolve unha actividade tendo en conta as forzas que a determinan.
figConxunto de forzas que interactúan e producen cambios dentro dunha estrutura en desenvolvemento.
dinámica atmosféricaCLIMATConxunto de todos os mecanismos dinámicos que dirixen a circulación xeral atmosférica e participan nela.
dinámica de grupoPSIC/SOCIOLRama da psicoloxía social que trata sobre o estudo teórico e experimental da formación e evolución dos grupos pequenos.
dinámica de poboaciónsECOLEstudo do conxunto de procesos que determinan a variación temporal do número de individuos e a composición nas poboacións de plantas e animais nunha comunidade.
dinámica económicaECONRama da análise económica que estuda a acción das variables económicas no tempo.
Citas
A dinámica dos acontecementos desembocou nunha rebelión
A obra deste pintor é de dinámica realista como se pode apreciar polas formas