sfCalidade pola que unha persoa ou cousa se distingue doutra.
diferenza específicaCalidade ou conxunto de notas que na definición dun concepto o distinguen doutros correspondentes ao mesmo xénero.
sfFalta de acordo, causa de disensión ou materia de controversia entre dúas ou máis persoas.
MAT
sfMagnitude ou cantidade que resulta da substracción entre dúas magnitudes ou cantidades da mesma natureza.
cálculo de diferenzasEstudo da variación dunha función en función da variación dunha variable. O operador diferenza ∆ defínese mediante a expresión ∆f(x)=f(x+ω)-f(x).
diferenza de conxuntosDados dous conxuntos A e B, conxunto formado polos elementos do primeiro conxunto A que non pertencen ao segundo B, é dicir, A∩B’.
sfMÚSModulación dentro do mesmo compás.
ASTRON/MAR
diferenza de latitudeArco do meridiano comprendido entre os paralelos de dous puntos.
diferenza de lonxitudeO máis pequeno dos arcos de ecuador comprendidos entre os meridianos de dous puntos.
diferenza de potencial de contactoTECNOLDiferenza de potencial que existe entre dous metais que están conectados electricamente ou entre as bases de dous semicondutores.
diferenza de potencial eléctricoTECNOLTraballo realizado polas forzas do campo eléctrico para trasladar a unidade de carga eléctrica positiva desde un punto a outro.
diferenza ontolóxicaFILOSDiferenza entre o ser e o ente, onde o ente é o de aquilo que aparece, mentres que o do ser sería aquilo que posibilita toda aparición.
diferenzas individuaisPSICDiferenzas que inflúen na variabilidade da conduta que afecta aos seres humanos e ás especies animais.
partir a diferenzaDERCeder, cada un dos litigantes, unha parte similar á cantidade que reclaman, para que ningún resulte demasiado prexudicado.