diferenza

Pliral: diferenzas
    1. s f Calidade pola que unha persoa ou cousa se distingue doutra.
    2. diferenza específica Calidade ou conxunto de notas que na definición dun concepto o distinguen doutros correspondentes ao mesmo xénero.
  1. s f Falta de acordo, causa de disensión ou materia de controversia entre dúas ou máis persoas.
  2. MAT
    1. s f Magnitude ou cantidade que resulta da substracción entre dúas magnitudes ou cantidades da mesma natureza.
    2. cálculo de diferenzas Estudo da variación dunha función en función da variación dunha variable. O operador diferenza ∆ defínese mediante a expresión ∆f(x)=f(x+ω)-f(x).
    3. diferenza de conxuntos Dados dous conxuntos A e B, conxunto formado polos elementos do primeiro conxunto A que non pertencen ao segundo B, é dicir, AB’.
  3. s f MÚS Modulación dentro do mesmo compás.
  4. ASTRON/MAR
    1. diferenza de latitude Arco do meridiano comprendido entre os paralelos de dous puntos.
    2. diferenza de lonxitude O máis pequeno dos arcos de ecuador comprendidos entre os meridianos de dous puntos.
  5. diferenza de potencial de contacto TECNOL Diferenza de potencial que existe entre dous metais que están conectados electricamente ou entre as bases de dous semicondutores.
  6. diferenza de potencial eléctrico TECNOL Traballo realizado polas forzas do campo eléctrico para trasladar a unidade de carga eléctrica positiva desde un punto a outro.
  7. diferenza ontolóxica FILOS Diferenza entre o ser e o ente, onde o ente é o de aquilo que aparece, mentres que o do ser sería aquilo que posibilita toda aparición.
  8. diferenzas individuais PSIC Diferenzas que inflúen na variabilidade da conduta que afecta aos seres humanos e ás especies animais.
  9. partir a diferenza DER Ceder, cada un dos litigantes, unha parte similar á cantidade que reclaman, para que ningún resulte demasiado prexudicado.

Formas incorrectas

diferencia