< lat v *diamante de adămante gr ἀ δάμας -αντος ‘aceiro’
Plural:diamantes
smMINERALariedade de carbono puro que cristaliza no sistema cúbico, as máis das veces como octaedros, dodecaedros ou cubos. É moi apreciado en xoiaría como pedra preciosa.
smCalquera cousa que comparte co diamante algunha característica.
edición diamanteGRÁFEdición elegante de forma e letra moi pequena.
smTECNOLLámpada mineira de petróleo provista dun reflector.
ANIMAL/ORNIT
smPaxaro, da familia dos estríldidos, de plumaxe de cores vivas que cría en catividade.
diamante de Gould [Poephilia gouldiae]Ave, da familia dos estríldidos, que ten a cabeza escarlata, a gorxa e o papo negros, o peito púrpura escura e o ventre amarelo. A caluga, o lombo, as ás e a cola son verdes, e o peteiro é branco coa punta vermella.
diamante mandarín [Phoephila guttata]Ave, da familia dos estríldidos, que ten a cabeza e o pescozo azuis, as ás e o dorso acastañadas, o peteiro e as meixelas laranxas e a cola negra con franxas brancas. Ten a capacidade, rara entre as aves, de succionar a auga.