diamante

< lat v *diamante de adămante gr ἀ δάμας -αντος ‘aceiro’
Pliral: diamantes
  1. s m MINERAL ariedade de carbono puro que cristaliza no sistema cúbico, as máis das veces como octaedros, dodecaedros ou cubos. É moi apreciado en xoiaría como pedra preciosa.
    1. s m Calquera cousa que comparte co diamante algunha característica.
    2. edición diamante GRÁF Edición elegante de forma e letra moi pequena.
  2. s m TECNOL Lámpada mineira de petróleo provista dun reflector.
  3. ANIMAL/ORNIT
    1. s m Paxaro, da familia dos estríldidos, de plumaxe de cores vivas que cría en catividade.
    2. diamante de Gould [Poephilia gouldiae] Ave, da familia dos estríldidos, que ten a cabeza escarlata, a gorxa e o papo negros, o peito púrpura escura e o ventre amarelo. A caluga, o lombo, as ás e a cola son verdes, e o peteiro é branco coa punta vermella.
    3. diamante mandarín [Phoephila guttata] Ave, da familia dos estríldidos, que ten a cabeza e o pescozo azuis, as ás e o dorso acastañadas, o peteiro e as meixelas laranxas e a cola negra con franxas brancas. Ten a capacidade, rara entre as aves, de succionar a auga.

Frases hechas

  • diamante en bruto 1 Que a
  • 2 Diamante ou persoa que pos