diafragma

< lat diaphragma gr διά ϕ ραγμα   ‘separación’
Plural: diafragmas
  1. s m ZOOL Tabique musculomembranoso abovedado que separa o abdome do tórax no corpo dos mamíferos e que ten un papel fundamental na respiración.
  2. s m Membrana ou peza que separa dúas cavidades.
  3. IMAX
    1. s m Abertura regulable dunha cámara fotográfica, cinematográfica, de televisión ou de vídeo que permite modificar a cantidade de luz que atravesa o sistema óptico da cámara.
    2. diafragma de iris Anel de follas ou láminas superpostas a carón ou no propio obxectivo, e que se dedican a controlar o tamaño da abertura.
  4. s m FÍS Calquera dispositivo que limita un feixe de raios que atravesa un sistema óptico.
  5. s m FÍS/QUÍM Tabique poroso para separar solucións nunha pila eléctrica en procesos electrolíticos.
  6. s m TECNOL Lámina situada perpendicularmente á dirección do movemento dun fluído e cun burato concéntrico co eixe do conduto, que se utiliza na determinación do caudal.
  7. s m BOT Membrana que establece separacións no interior dalgúns froitos.
  8. s m MED Dispositivo anticonceptivo que consiste nun disco de látex ou outro material plástico, que se coloca antes do colo uterino.

Citas

  • Danaron o diafragma da cámara e non podemos seguir gravando
  • O diafragma destes froitos contén alcaloides