sm[ZOOL]Tabique musculomembranoso abovedado que separa o abdome do tórax no corpo dos mamíferos e que ten un papel fundamental na respiración.
smMembrana ou peza que separa dúas cavidades.
[IMAX]
smAbertura regulable dunha cámara fotográfica, cinematográfica, de televisión ou de vídeo que permite modificar a cantidade de luz que atravesa o sistema óptico da cámara.
diafragma de irisAnel de follas ou láminas superpostas a carón ou no propio obxectivo, e que se dedican a controlar o tamaño da abertura.
sm[FÍS]Calquera dispositivo que limita un feixe de raios que atravesa un sistema óptico.
sm[FÍS/QUÍM]Tabique poroso para separar solucións nunha pila eléctrica en procesos electrolíticos.
sm[TECNOL]Lámina situada perpendicularmente á dirección do movemento dun fluído e cun burato concéntrico co eixe do conduto, que se utiliza na determinación do caudal.
sm[BOT]Membrana que establece separacións no interior dalgúns froitos.
sm[MED]Dispositivo anticonceptivo que consiste nun disco de látex ou outro material plástico, que se coloca antes do colo uterino.
Citas
Danaron o diafragma da cámara e non podemos seguir gravando