destreza

< destro
Plural: destrezas
  1. s f Habilidade ou capacidade dunha persoa para realizar moi ben algo que parece difícil.
  2. destreza básica PEDAG Coñecementos e hábitos mínimos precisos para o éxito académico do alumno.
  3. destreza comunicativa/lingüística LING Destreza que inclúe a expresión oral e a comprensión oral-auditiva. Se estas destrezas se proxectan sobre o medio visual ou escrito inclúe a comprensión lectora e a expresión escrita.

Confrontacións

Citas

  • Ten unha destreza especial para tocar o piano, Fai as tarefas da casa con moita destreza