desconto

< descontar
Plural: descontos
  1. s m
    1. Acción de descontar.
    2. Cantidade que se rebaixa dun prezo nunha compra.
  2. s m ECON
    1. Cantidade que se deduce do importe dunha débeda ou obrigación.
    2. Operación que consiste en adiantar unha cantidade de diñeiro a unha persoa que debería cobrala dun terceiro nunha data de vencemento posterior.

Confrontacións

Citas

  • Eses pantalóns teñen un desconto de doce euros