descontinuidade

< descontinuar
Plural: descontinuidades
  1. s f Calidade de descontinuo.
  2. s f MAT Falta de continuidade dunha función nun punto ou nun conxunto de puntos, que se denominan por extensión descontinuidades da función.
  3. s f XEOL Cada unha das superficies que separan as diferentes capas concéntricas do interior da Terra.
  4. superficie de descontinuidade METEOR Superficie de separación de dúas masas de aire que teñen falta de continuidade nalgunhas das súas propiedades.

Formas incorrectas

discontinuidade