desalinización

< desalinizar
Plural: desalinizacións
  1. s f FÍS Proceso de obtención de auga potable a partir de auga que, pola concentración de ións, non é apta para usos industriais ou domésticos.
  2. s f XEOG Acción de disolver ou simplemente eliminar a concentración salina dun terreo, como a que se dá en rexións de clima árido ou semiárido, á beira do mar ou dun lago salino.
  3. s f IND Eliminación do sal que contén en disolución o petróleo en bruto.