dereito -ta

< lat directu
Plural: dereitos Masculino: dereito Masculino plural: dereitos Feminino: dereita Feminino plural: dereitas
  1. adx Que non presenta ningún cambio de dirección.
  2. adx Que está en posición vertical.
  3. adx Que está situado, respecto a unha persoa, na banda oposta á do corazón.
  4. s m Cara ou lado principal dun tecido, dunha páxina ou dun obxecto.
  5. DER
    1. s m Conxunto de leis, preceptos e regras de conduta obrigatorias, establecido e autorizado polo Estado e respaldado polo seu poder, ao que están sometidos os homes na súa vida social, que fixa e tutela unha determinada organización das relacións sociais.
    2. dereito administrativo Conxunto de normas do dereito público interno que rexen a organización e a actividade das administracións públicas.
    3. dereito adquirido Dereito conseguido ou gañado por alguén antes do feito ou do acto que se lle opón para impedirlle o seu exercicio ou o seu gozo.
    4. dereito autonómico Normas emanadas dos órganos dunha comunidade autónoma ou dun Estado federal.
    5. dereito canónico Normas xurídicas ditadas pola autoridade eclesiástica con potestade lexislativa.
    6. dereito civil Normas que regulan as relacións xurídicas entre particulares, e que protexen tanto a persoa coma os seus intereses de orde moral e patrimonial.
    7. dereito común Normas legais que constitúen a base dos dereitos especiais.
    8. dereito comunitario Disposicións legais que regulan o funcionamento das institucións da Unión Europea e as súas relacións cos estados membros.
    9. dereito constitucional Normas que constitúen o Estado e que garanten os dereitos fundamentais.
    10. dereito consuetudinario Prácticas, hábitos e usos xurdidos da vontade popular que, logo dun uso reiterado, derivan en norma con rango de lei.
    11. dereito de xentes [lat: ius gentium] Normas aplicadas a todos os homes libres da antiga Roma, formado por institucións comúns a todos os pobos, nacido da razón natural fronte ao dereito civil, exclusivo de Roma e dos seus cidadáns.
    12. dereito foral Dereitos especiais que rexen nun determinado territorio recollido nun foro.
    13. dereito internacional Regras xurídicas que rexen as relacións internacionais, os vínculos entre os cidadáns de diferentes estados ou a situación xurídica dos estranxeiros respecto ao territorio no que actúan.
    14. dereito marítimo Regras xurídicas referentes aos diversos dereitos e obrigacións que afectan á navegación comercial nacional e internacional, especialmente, ao transporte de pasaxeiros ou mercadorías en barcos.
    15. dereito mercantil Normas destinadas a regular a organización e a actividade profesional dos empresarios no mercado.
    16. dereito militar Conxunto de disposicións legais que regulan a organización e as funcións das forzas armadas.
    17. dereito natural Principios xurídicos non recollidos no ordenamento xurídico, teoricamente superiores ao dereito positivo e aos que este se ten que acomodar.
    18. dereito penal Normas xurídicas que determinan as accións e as omisións consideradas nocivas na orde establecida, caracterizadas coma delitos ou faltas, reprimidas e castigadas con penas ou medidas de seguridade, no exercicio da postestade que o Estado se atribúe en nome da sociedade.
    19. dereito político Rama do dereito público interno que trata dos problemas fundamentais e primarios do Estado.
    20. dereito positivo Normas xurídicas que informan e regulan de forma efectiva a vida dunha comunidade nun determinado momento histórico.
    21. dereito procesual Normas que regulan a actividade das partes e a tarefa da tutela xurídica en todo proceso xudicial.
    22. dereito público Normas que regulan a ordenación xeral e o funcionamento do Estado e as súas relacións cos seus súbditos e cos outros estados.
    23. dereito real Normas que regulan as relacións xurídicas das persoas cos bens e coas cousas.
    24. dereito romano Regras que presidiron as relacións xurídicas do pobo romano nas diferentes épocas da súa historia e que perviviu ata os ss XIX e XX.
    25. dereito tributario Principios e normas xurídicas que regulan as relacións xurídicas de natureza tributaria e os procesos administrativos de aplicación, xestión e control de tributos.
    26. dereitos civís Dereitos recoñecidos e garantidos polas constitucións e polas leis aos cidadáns dun estado, en canto se recoñecen que son inherentes á personalidade humana.
    27. dereitos fundamentais Dereitos subxectivos de carácter público, establecidos pola constitución ou por outras leis políticas, expresión dos dereitos humanos inherentes a toda persoa no ordenamento político.
    28. dereitos humanos Conxunto de dereitos fundamentais da persoa humana recoñecidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola ONU (1948).
  6. s m DER Sistema que ten por obxecto o estudo sistemático dun ordenamento xurídico, establecendo as categorías e elaborando un todo conexo en relación coa formación social e co tempo histórico no que transcorre.
  7. ECON
    1. s m pl Impostos ou taxas que gravan determinadas mercadorías.
    2. dereitos especiais de xiro Medida de pagamento internacional emitida polo FMI desde 1968, para aliviar a falta de liquidez dos Estados.
    3. dereitos reais Denominación antiga do imposto que grava as transmisións patrimoniais e outros actos xurídicos.
  8. adv Sen desviarse.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Coloca os paos ben dereitos,Ten oitenta anos e anda dereita coma unha moza
  • Entre esas dúas vilas a estrada é dereita coma un fío, ¡Non ten as pernas tortas; tenas ben dereitas! ¡Tes que mirar ao escribir de facer as liñas máis dereitas!
  • Escribe coa man dereita, Non ve do ollo dereito
  • O dereito da tea tiña un defecto, Só escribe polo dereito dos folios
  • Ó saír da escola vai dereita á clase de música, Foi dereito ao que quería dicir, Colleu un voo dereito a Santiago
  • Puxo as laranxas á dereita e as peras á esquerda
  • Segues todo dereito e ao chegar onda o hospital torces á esquerda
  • Ten a casa na marxe dereita do río

Refráns

  • Dous irmáns nun concello fan torto do dereito.
  • Onde forza non hai, dereito se perde.

Palabras veciñas