demanda

< demandar
Plural: demandas
  1. s f Acción de demandar.
  2. s f DER
    1. Acción procesual mediante a que se realiza a petición dun dereito ante un xuíz ou tribunal de xustiza.
    2. Petición que unha das partes mantén nun xuízo.
    3. Escrito que recolle esa petición.
  3. s f ECON Cantidade de produtos ou servizos que un comprador está disposto a adquirir en función dunha serie de variables, como o prezo dos produtos.
  4. s f Acción de buscar ou conseguir algo.
  5. s f LIT Composición poética medieval que consiste en propor unha cuestión sobre un tema calquera. A resposta é a propia composición, ou ben outra, obra do propio autor da demanda, ou doutro.
  6. demanda biolóxica de osíxeno/bioquímica de osíxeno ECOL DBO.
  7. demanda química de osíxeno ECOL DQO.

Confrontacións

Citas

  • A demanda de emprego diminuíu en Galicia nos últimos meses
  • Os cabaleiros artúricos emprenderon a demanda do Santo Graal

Frases feitas

  • En demanda de. En busca de. Ex: Se v