demagoxia

< gr δημαγωγία
Plural: demagoxias
  1. s f POLÍT Política baseada no uso de métodos emotivos e irracionais que estimulen os sentimentos dos gobernados, e acepten así uns programas de acción impracticables que pretenden unicamente manter situacións de privilexio.
  2. s f POLÍT Estado político no que o goberno se entrega á multitude.
  3. s f POLÍT Forma impura de goberno democrático, segundo o concepto aristotélico, na que exercían o poder aqueles individuos que seducían e enganaban ás masas mediante o seu discurso.
  4. s f Razoamento enganoso que busca conseguir o apoio dos demais para beneficio propio.