delitescencia

< lat delitescĕre ‘ocultarse’
Plural: delitescencias
  1. s f MED Desaparición máis ou menos rápida dunha inflamación, un tumor ou un absceso.
  2. s f QUÍM Fragmentación en partículas pequenas que sofre un cristal ao perder a auga de cristalización.