delirio

< lat delirĭu
Plural: delirios
  1. PAT
    1. s m Psicose transitoria, que se caracteriza por unha incoherencia e confusión mental, unha excitación nerviosa e alucinacións, sobre todo de tipo visual.
    2. delirio agudo Síndrome de especial gravidade que se manifesta por unha axitación progresiva, unha febre moi alta e alucinacións visuais.
    3. delirio crónico Delirio no que as súas manifestacións, os seus mecanismos constitutivos e a súa evolución son extremadamente variables e que pola súa importancia ocupa un lugar destacado na patoloxía mental do adulto.
    4. estado de delirio Conxunto da personalidade que está afectada por ideas delirantes.
  2. s m PAT Estado febril no que se padecen alucinacións, confusión mental e outros fenómenos similares, característico de determinadas enfermidades infecciosas agudas.