defensor -ra

< lat defensōre
Plural: defensores Masculino: defensor Masculino plural: defensores Feminino: defensora Feminino plural: defensoras
  1. adx Que defende. Tm s.
  2. adx DER Que se designa para a defender os intereses dunha persoa ou entidade nun procedemento xudicial Tm s, referido a avogado.
  3. defensor do vínculo DER Eclesiástico que nas causas sobre a existencia do vínculo do matrimonio ten como misión propoñer e expor o que poida ser aducido contra a nulidade ou disolución.
  4. defensor xudicial DER Persoa designada polo xuíz para a garda e protección dos menores ou incapacitados, ou dos seus bens, en determinados casos previstos no dereito.

Citas

  • As persoas defensoras da muralla de Lugo obtiveron o seu premio ao declarala Patrimonio da Humanidade, Os defensores do castelo rendéronse sen condicións
  • Os avogados defensores non estaban conformes coa sentencia