defensa

< lat tardío defēnsa
Plural: defensas
    1. s f Acción de defender ou defenderse.
    2. defensa persoal Técnica que permite defenderse de calquera agresión.
  1. s f Aquilo que se di ou escribe para defender algo ou alguén.
    1. s f Cousa que defende ou protexe.
    2. s f Conxunto de obras de fortificación que serven para defender unha cidade ou outra posición.
    3. s f Peza que se coloca na parte dianteira e traseira dos vehículos para protexelos dos golpes.
    4. s f ETN Protección empregada tradicionalmente para gardarse do demo e das bruxas.
    5. s f pl MAR Proteccións que se colocan no costado dunha embarcación para preservala dos choques ou rozamentos.
    6. s f pl ECOL Conxunto de estruturas, secrecións, procesos inmunolóxicos ou comportamentos dos que se serven os seres vivos para manter a súa integridade física.
    7. defensa muscular FISIOL Contracción muscular involuntaria que tende a inmobilizar as rexións corporais que son moi dolorosas se se produce algún movemento.
    8. mecanismos de defensa PSIC Conxunto de medidas inconscientes adoptadas polo individuo para protexerse dos efectos que derivan dunha situación desagradable, física ou mental, de aparición frecuente.
  2. DER
    1. s f Dereito que ten a persoa de demostrar, por ela mesma ou mediante unha persoa letrada, a falta de fundamento daquilo do que se lle acusa.
    2. s f Parte que actúa como defensora nun proceso xudicial.
    3. s f Representante da parte que se defende.
    4. s f Conxunto de alegacións e razoamentos expostos polo avogado defensor no acto do xuízo para soster as teses favorables ao seu cliente e desvirtuar as alegacións da parte contraria.
    5. s f Actuación profesional do avogado en interese do seu cliente, dentro dun procedemento xudicial ou administrativo.
    6. defensa de pobre Beneficio procesual que consiste na administración gratuíta de xustiza, outorgada a aquelas persoas que non dispoñen de recursos económicos.
    7. defensa social Conxunto de técnicas e disposicións que tratan de aplicar medidas non coercitivas contra os reos, substituíndo as penas de prisión tradicionais por sistemas reeducativos e rehabilitadores.
    8. lexítima defensa Circunstancia que exime da responsabilidade criminal cando se actúa en defensa da persoa ou dos dereitos, propios ou estraños, se a agresión é ilexítima e sempre que o xeito de impedila sexa racional.
  3. s DEP Membro dun equipo deportivo que se sitúa nas áreas do terreo de xogo próximas á súa propia meta e que ten como misión principal impedir que os contrarios acaden os obxectivos do xogo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A defensa que realizou resultou pouco convincente
  • A súa misión era destruír as defensas inimigas
  • Saíu o outro día un libro sobre a defensa do galego no s XIX
  • Tivo un accidente contra un valado e escachou a defensa do seu coche novo
  • Un coitelo era a súa única defensa contra o inimigo, Os gritos de socorro foron a súa defensa contra os lobos

Refráns

  • A muller aguda co seu home se escuda.
  • Non fai pouco quen se defende doutro.