danakil

Plural: danakís
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.
  2. s ETN Individuo do pobo dos danakil.
  3. s m pl ETN Pobo africano que pertence ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmá.
  4. s m LING Lingua cuxita que fala o pobo danakil.

Palabras veciñas