culto

< lat cŭltu
Plural: cultos
  1. s m RELIX
    1. Adoración relixiosa a alguén ou a algunha cousa.
    2. Acto polo que o home se suxeita a Deus en sinal de recoñecemento da súa excelencia e superioridade.
    3. Conxunto de cerimonias que se realizan para render homenaxe a aquilo que se adora.
  2. s m Estima e respecto que se ten por algo material ou inmaterial.
  3. culto da personalidade PSIC/POLÍT Adhesión, veneración e submisión incondicionais, xeralmente carentes de todo sentido crítico, que se tributa a algunhas persoas que as fomentan en virtude de mecanismos obsesivos.

Sinónimos

Citas

  • As relixións panteístas réndenlles culto ás forzas da natureza
  • Asiste diariamente aos cultos que se celebran na igrexa
  • O culto á xustiza dálle ánimos para seguir traballando, O culto á beleza estase a converter nunha obsesión

Palabras veciñas