cubrir

< lat cooperīre
  1. v t Poñer ou estar algo por riba ou diante dalgunha persoa ou cousa para protexela ou ocultala.
  2. v t Estenderse ou ocupar completamente algo unha superficie.
  3. v t Encher os ocos dalgún escrito ou documento cos datos que se piden.
  4. v t
    1. Igualar os ingresos aos gastos.
    2. Pagar ou satisfacer unha débeda, un gasto ou unha necesidade, fundamentalmente de tipo ecónomico.
  5. v t Colocarse o animal macho sobre a femia para copular.
  6. v t Defender ou protexer mediante tropas ou obstáculos naturais unha posición, unha praza, un barco, un flanco ou unha retagarda.
  7. v t Informar os medios de comunicación ou alguén sobre un determinado asunto.
  8. v t DEP Controlar os movementos dun xogador adversario dentro dunha área determinada do terreo de xogo.
  9. v t Facer que alguén teña unha gran cantidade de algo que se expresa. Tm v pron.
  10. v t Alcanzar o nivel da auga na que se introduce algo ou alguén unha altura determinada. Tm abs.
  11. v i Compensar algo os gastos que orixina.
  12. v pron Quedar algo tapado por unha cousa.
  13. v pron Tapar alguén o seu o corpo ou parte del con roupa.
  14. v pron Colocarse nun lugar seguro que protexa dun ataque ou agresión.
  15. v pron BÉL Aliñarse os soldados en ringleira, á distancia estipulada desde o peito ás costas sobre a perpendicular á liña da fronte.

Sinónimos

Citas

  • A cabalería cubriu a retirada
  • A neve cubriu o cume de Manzaneda, As queimaduras cubríanlle unha gran parte do corpo
  • A porca non deixou que a cubrise o porco
  • As entradas que venderon non cubriron os gastos, Os presupostos cubriron o custe da obra
  • Cerrou o comercio porque non lle cubría
  • Cobre a cara coas mans porque lle dá vergoña, Cubriron a casa cun tellado a catro augas, Cubriron o moble cunha saba para non manchalo, As nubes cubriron o sol e escureceu o día
  • Conforme chegou cubriuna de bicos, Despois da actuación todos a cubriron de gloria
  • Cubríronse detrás das pedras para evitar o inimigo
  • Cubriu a matrícula co lapis que lle indicaron
  • Cubriu todos os quilómetros da proba en dúas horas
  • Cubriuse de gloria despois de lle salvar a vida á vella
  • Cubriuse despois de que o recoñecese o médico, Cúbrete cun saco pola cabeza que chove moito
  • Hai que cubrir a falta de vitamina C con laranxas, O estado non cobre as necesidades básicas do individuo, Como non teñen xente non cobren os servicios mínimos
  • Naquela zona a auga cubríao ata os xeonllos, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento, adquire valor absoluto e significa ‘cubrir por completo’, Pódeste bañar con confianza que nesta beira a auga non cobre
  • O chan cubriuse de follas pola chegada do outono, O ceo cubriuse de nubes e tivemos que marchar da praia
  • O seguro só lle cobre os danos contra terceiros, Cubriu a débeda que tiña co banco
Verbo: cubrir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubro

cobres

cobre

cubrimos

cubrides

cobren

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubría

cubrías

cubría

cubriamos

cubriades

cubrían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubrín

cubriches

cubriu

cubrimos

cubristes

cubriron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubrira

cubriras

cubrira

cubriramos

cubrirades

cubriran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubrirei

cubrirás

cubrirá

cubriremos

cubriredes

cubrirán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubriría

cubrirías

cubriría

cubririamos

cubririades

cubrirían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubra

cubras

cubra

cubramos

cubrades

cubran

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubrise

cubrises

cubrise

cubrisemos

cubrisedes

cubrisen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubrir

cubrires

cubrir

cubrirmos

cubrirdes

cubriren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

cubre

-

-

cubride

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cubrir

cubrires

cubrir

cubrirmos

cubrirdes

cubriren

Xerundio

cubrindo

Participio

cuberto

cuberta

cubertos

cubertas