correlación

< lat correlatĭōne
Plural: correlacións
  1. s f Relación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.
  2. s f MAT Grao de interdependencia entre diversas variables.
  3. LING
    1. s f Fenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente.
    2. correlación gramatical Interrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro.
    3. correlación temporal consecutio temporum.
  4. s f LIT Figura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar.
  5. s f ESTRATIG Relación entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.

Citas

  • Dáse unha óptima correlación entre os puntos de vista de ambos os dous, Non existe ningunha correlación entre esta acción e a que levou a cabo o presidente